mércores, 29 de outubro de 2014

Levamos catro xornadas..

Boa tarde veciños!

Imos comenzar a entrada de hoxe, cun gran aplauso para Vicus, que oficialmente (nós que somos moi listos xa o cheirábamos) nos deixa.
Agradecerlle o tempo que nos adicou o ano pasado, e o seu gran traballo. Agardamos que volvas con nós algún día.

Polo demáis, saltámonos unha semana de competición, pero é que polo monte comín moitos cogumelos de coloriños, e ata hoxe non me decatei de que existía Faro de Vide...

A cousa segue ben, vemos as verdadeiras facianas dos equipos, e xa adiviñamos as súas aspiracións.

Alcoba 4-0. É o único equipo invicto. Un equipo grande e moi duro. Estes últimos partidos gañáronlle os rocosos Hound e os imprevisibles Ralarsa.

RedSkins 3-1. Ían arrasando nas 3 primeiras xornadas, pero nesta última caeron frente a NeoGeo... Non sei se méritos dos consoleiros ou deméritos indios. Pese a todo seguen arriba e con forza.

Marrajos 3-1. Outros de arriba que somentes perderon cos Reds na xornada 3. Nesta última xornada gañáronlle a un SM enchido de gloria tras vencer a Amenaza, nun partido con pouquiña anotación.

Amenaza 2-2. Dicen que os campións son vellos, e madia leva que teñen razón; pero non dubido que o final optaran a todo. Despois de publicar no seu blog unha morea de excusas polas que perderon (ampliables estas as derrotas de calqueira equipo), veñen de gañarlle a UVigo que partía coma un equipo temido.

UVigo 2-2. O equipo mais reforzado e con máis aspiracións da competición frouxea no inicio. Esta semana perdeu con Amenaza, deixando as claras que os seus reforzos non propician un cambio de xeración, e dándolle folgos e ánimos os fantasmas prexubilados por algúns. Polo visto no seu blog, é unha magoa que non sumen as canastas dos adestramentos. Falaban de recurrir algo... medomeda! XD

SM 2-2. Dignísimo comenzo destes rapaces, e máis dándolle caña a Amenaza. Corren máis que nunca e daran que falar.

Ralarsa 1-2. Ven de coñecer como as gastan os recén chegados de Alcoba trala xornada de descanso. (-1)

B.Hound 1-2. Recupera sensacións e atopa a súa primeira victoria a costa dun Jedys afundidos. (-1)

Red Devils 1-2. Só levan unha victoria, fronte a NeoGeo, pero non está mal para un recén chegado. (-1)

NeoGeo 1-3. O igual que os Devils, só unha victoria, pero a costa dos RedSkins que arrasaban o seu paso... moi caro gañar un partido en primeira... 

Jedys 0-4. Con Y grego, por non sei que parida de posicionamento do buscador XDDDDD. Bromas aparte, este ano empezan abaixo, demostrando a dureza da primeira división.

(-1)= un partido menos.

Esta semana máis, parece que con pouca xente nos equipos polos festivos, que pode que nos deixe algunha sorpresiña! 

INTERESADOS EN COLABORAR NO FARO DE VIDE EN CALQUEIRA CATEGORÍA (INCLUIDA PRIMEIRA): farodevide@gmail.com

Segunda e Terceira existen! Pero non o vexo... Animaría a algún tertuliano-analista destas categorías, que no canto de comentar cos seus análises, mos enviasen para publicalos... é unha idea....

xoves, 16 de outubro de 2014

Empezamos a temporada!

Bo día rapaces! un ano máis voltamos a tentar entretervos. 
Lamentamos o retraso, pero literalmente, é mellor tarde que nunca.

Antes de comenzar, dicir que buscamos a Vicus. O gran reporteiro do ano pasado, que mantivo o pavillón "farovidés" tan alto, está desaparecido. Se nos les, contacta connosco. Para retomar o teu traballo, colaborar, ou despedirte coma se merece! 

En calquera caso, grazas por manternos vivos a última temporada.

Para continuar, dicir que no tempo que teño, somentes falarei de primeira. Primeiro, e ante todo, polo meu descoñecemento das outras categorías. Segundo, coma dixen antes, por falta de tempo.

Non vexades esto coma un desprezo, non o é. As rivalidades entre categorías as veces crean unhas guerras ridículas o meu parecer.
Se alguén se presta, circunstancial ou regularmente, a xuntar catro letras para publicalas, estareille moi agradecido, e de seguro que os nosos lectores tamén.

Se non queredes colaborar, parecerame ben, pero non me esixades que fale do que descoñezo. Avisados estados!


INTERESADOS EN COLABORAR NO FARO DE VIDE, EN CALQUERA CATEGORÍA (INCLUIDA PRIMEIRA): farodevide@gmail.com


Pois semella que empezou a competición, e así van as cousas:
(O partido B.Hound-Ralarsa semella que o gañou Ralarsa, pese a que os resultados de VIDE poñan o contrario. Agardamos confirmación de ese resultado por parte de algún implicado). 

Red Skins 2-0, gáñanlle o bicampión, e postulanse coma unha opción. Pese a que Amenaza só foi con 5 xogadores, o bo comenzo de este ano, e sobor de todo, o número de xogadores en cada partido, fainos perigosos.

Marrajos 2-0, o físico e a intensidade destes rapaces fainos sempre unha opción. Teremos que ver se non perden o ritmo nos momentos difíciles.
Eurolaguía 2-0, chegan de 2ª con forza, pero isto non é unha sorpresa. Grandes, físicos, e semella que un pouco "contundentes". Gañarlle a un UVigo feito a golpe de talonario non é mal cartel.
UVigo 1-1, os cartos de Floren para os galácticos non chegan para gañar. Moita figura e pouco balón. Despois de fichar o "xa menos polémico" Guime, e a un par de altos, semellaban ben reforzados.
Agora en serio, UVigo pode ser, pese o tropezo, a opción real. E coido que inda non chegou David...
Amenaza 1-1, os vellos rockeiros xa tropezaron, pero sería unha tolería e unha indecencia, non postular os actuais bicampións coma os grandes favoritos.
Ralarsa 1-1, quero e non podo. Coma sempre gañaran partidos importantes, pero non estarán arriba pola súa irregularidade.
SM Color 1-1, unha opción correosa para a parte baixa da táboa, que venderá caro o seu pelexo. Son novos e intensos.
Red Devils 0-2, chegan reforzados con dous neogeo. Perderon dous partidos, pero foi fronte a Amenaza e Marrajos. Temos por ver o mellor deste equipo.
Jedys 0-2, coma os últimos anos, sufrirán. Pero son vellas glorias da competición. A priori, o descenso será unha loita complicada para eles.
Neogeo 0-1, perderon o seu primeiro partido, pero machacan no quecemento!!!!!! Equipo seminovo que pode que tamén nos sorprenda.
B.Hound 0-1, os gladiadores do VigoenXogo. Non sabemos de certo se perderon o primeiro partido, pero inda que así fora, loitaran na parte media-alta.

Este ano a competición semella moi igualada, cada temporada sube o nivel cos equipos que chegan a primeira, e gañar calquer partido será complicadísimo... Estou encantado!!!!


Esta fin de semana veremos:


UVigo - Jedys, onda os galácticos deben resarcirse. Cicais lle pidan contas a Guime os Jedis? Porque se chaman Jedis con Y se se escribe con i?


Red Skins - Marrajos, o partidazo. O que gañe dará un paso o fronte, e de ser os Reds, será case paso e medio.


Amenaza - SM, as pantasmas deben dar boa conta dos rapaces para poñer as cousas no seu lugar.


Eurolaguia - B.Hound, duelo contundente, inda que semella complicado a priori para os Hound.


e Red Devils - Neogeo, mostraranos algo máis destes dous equipos recén chegados... con mates e alley-oops??? Será moi interesante.


E ata aquí chegamos hoxe. Coma sempre, un pracer estar aquí. Grazas a todos, e xa sabedes.. colaboración!!! 


Sorte nos vosos partidos!



Actualizada a sección de páxinas e blogs dos equipos!
Mandainos os enlaces das vosas páxinas para seguir medrando.
Pouco a pouco imos arrincando.

martes, 14 de outubro de 2014

Chegamos tarde...


...pero chegaremos!