mércores, 21 de xaneiro de 2015

martes, 13 de xaneiro de 2015

xoves, 8 de xaneiro de 2015

Ano novo... Merda de pistas vellas.

Bo ano mozos e mozas! Xa pasou un ano máis, e aquí seguimos, un pouco máis vellos.
Agardo que pasarades unha boas festas, iba adicarvos unhas liñas nas vacacións invernais, pero diume unha preguiza do demo.

Tiña preparado un artigo, ca clasificación actualizada e completa, no que falaríamos do bos que seguen sendo os de arriba, as sorpresas ou decepcións do medio, e o patáns que son os de abaixo. Pero semella que este ano non fumos bos, e Melchor, Gaspar, Baltasar e Turi tíñannos preaparados unha sorpresa das boas, para recibir ben o ano. Con este panorama, decidín pasar de clasificacións e indignarme!

Pasan os anos e seguimos sendo os panoplias de Vide. Hai moitos partidos, poucas pistas ou moita burocracia, e alguén ten que ser sodomizado. Así que, despois de estes anos, cando buscabamos mellorar un pouquiño a nosa liga, xa falando de sistemas de playoffs ou de competicións, ou atizándolle os árbitros, decidiron a nosa volta a dobre pista de Teis.

Miraino polo lado bo; despois das mariscadas, turróns, licores, año, pavo e polvoróns que nos metemos no bandullo estas festas, agradecerémolo. Teríamos que dar as grazas.

-Imaxinades xogando dous partidos de futbol sala o ancho da pista?
-Ai, non! Que o campo de fútbol sala é máis grande!
-Xa! Pero esas pistas non respetan a regulamentación de baloncesto, que máis ten que tampouco o fagan as de fútbol sala! 
-Que inda así as pistas de baloncesto son máis pequenas, eles xa xogaron alí, que non se queixen...

.... E O CARALLO!

Igual foi que non pagastes a cuota de inscripción no seu tempo, non? Ou cicais volten cartos por xogar aí?
Cicais me tangaron os do meu equipo, e os cento e tanto pavos que puxemos por barba sacáronmos pa pagar o vermú, e nos deixen xogar gratis!

.
.
.

Falades de non xogar esta fin de semana. 
Sabedes que, primeiro, hai máis cadelas que langostinos no Nadal, e algún equipo vaise aproveitar da situación para gañar sen merecelo.
Tamén sabedes, que esta organización deportiva unilateral, non dubidará e sancionarvos e quedarse cos vosos cartos de fianza.

Ainda que se os dous equipos deciden non xogar, seredes moi valentes de levalo a cabo!!

Eu coido que de primeiras, tódolos equipos deberían presentar unha protesta formal ao árbitro esta fin de semana. Ou cicais presentarse en VIDE, sen fachos, para queixarse.

Confiemos en que foi unha medida pasaxeira para o novo ano.

Que opinades? Protestamos formalmente de primeiras, ou xa queimamos o chiringo directamente??