mércores, 27 de xaneiro de 2016

HORARIOS XORNADA 13

Xa colgaron os horarios dos partidos da xornada 13 na páxina da que non vou facer mención para non facerlles competencia desleal. Podedes consultalos alí.
Moitas grazas a todos polo ánimos. Gustaríame ter feito resumos das xornadas e algunha valoración aparte do que facía, pero o tempo non da para máis. :-/

luns, 25 de xaneiro de 2016

...

Non e a miña intención perxudicar a ninguén, así que a día de hoxe tan so pondrei "Xornada X", direi que consultedes horario e resultados na páxina que todos sabemos, sen mencionala e deixarei que sigades alimentando cos vosos comentarios esta páxina que tan só se creou co interese de mantervos informados de como se vai desenrolando a liga de baloncesto desta competición da que moitos formamos parte.
Non me podo sentir máis triste de ver coma se nos priva dun medio de comunicación e de ver adónde se encamiña este país...

Incomodamos...

Hai días, (o certo é que hai meses, pero non entro moito no correo do blog, xa que non me adico a isto),  enviáronnos un mail de VIDE, onde nos acusan de ser un blog fraudulento.

A día de hoxe non creo que ninguen crea que tentamos suplantar a VIDE(???). Tamén nos falan do Faro de Vigo, patrocinador da fundación, e do que collemos parte da cabeceira para utilizala, compoñendo co VIDE da fundación. Non debemos utilizar eses cabeceiras din.
Tampouco debemos enlazar imaxes da súa web (horarios e resultados), din.
O tema é que incomodamos a esta xente.

Tamén nos deixan ben as claras, que a nosa competición está organizada pola agrupación deportiva de Vigo, que nada ten que ver con VIDE, excepto que comparten edificio e web. E din que neste blog estamos manchando o seu nome cas críticas vertidas hacía a organización.

Non está na nosa idea meternos en leas por este blog. Polo tanto, decidimos neste momento eliminar a cabeceira do blog e probablemente cambiarnos de enderezo e deixar de enlazar imaxes.(Estou pampo).

E lembrai que VIDE, non ten nada que ver con nós...

luns, 18 de xaneiro de 2016

luns, 11 de xaneiro de 2016

mércores, 6 de xaneiro de 2016