Esta xornada recibimos axuda: de Pablo de Amenaza, que por outro lado son os únicos que teñen o blog o día.
Así que:
B.HOUND 56 –
100TOLOS 41, os cadelos cearon marisco. Basicamente é o que sei, xa que os
marisqueiros non actualizan o blog dende o 17 de outubro…
…do 2012. E os
cadelos nunca tiveron.
Por min deixabao así, pero o amigo Petete que sabe mais ca min envioume algúns datos e
comentarios, así que por respecto a el, engadireinos:
P.: “Os cadelos na
súa liña, non fallan contra rivais menores e batallan contra os de arriba.
Darán mais dunha sorpresa coma todos os anos.. 100Tolos semella que terá unha
dura tempada en primeira”
ELOY 56– UVIGO 76,
foi un dos partidos mais sinxelos do ano para os universitarios. Por moito que
puxeran que non foi tan doado, vinte puntos son vinte puntos. O Suso
desaparecido en combate, outro blog sen actualizar.
P.:“Os madereiros
están mellor este ano, pero os universitarios son moito rival para eles, sobre
todo cando están finos en ataque. Son dos equipos con maior capacidade de
anotación cando lle entran os tiros: 76 puntazos. Siga David ou non, Ernesto é
un crack, así que non perden con respecto o ano pasado. Se seguen os dous,
candidatos claros a todo”
JEDYS 47 – SM 34, puidemos
medir a forza dos rapazolos do SM fronte un equipo medio-baixo é a medida foi
de 13 abaixo. Os recen ascendidos exceptuando a Marrajos non pintan ben de
momento. Os Jedys fannos unha presentación das novas fichaxes pero para facer
crónicas deberemos esperar o post dos seus partidos de case, case.
P.: “Os Sm teñen boa
pinta antes de empezar os partidos. Van moitos, son novos e teñen calidade.
Nesta liga calquera equipo que poida correr asusta. Pero logo pagan a
novatada. É contra veteranos da guerra do Vietnam como hai nos galácticos iso pagase caro. Xente como Fernando e compañía non van permitir que uns rapaciños
se lles suban as barbas así como así. Ademais xa sabemos do carácter
ciclotímico dos Jedys: cando toca o día bo, xogan moi ben.”
AMENAZA -
MAITETXU, paseo triunfal, marcha imperial incluída, dos campións. Hai que
joderse, por un prognóstico claro e os fantásmikos case mo enfastían. Pero polo
menos aquí temos crónica:
Domingo.
Partido a las 16:30.
Pabellón Balaídos.
Pista Bermella.
Árbitro, el chico de gafas y pelo rizo.
Partido a las 16:30.
Pabellón Balaídos.
Pista Bermella.
Árbitro, el chico de gafas y pelo rizo.
Fuimos a jugar siete.
El partido desde el principio con Maitetxu,
dominando el rebote y moviendo bastante bien en ataque, que consiguió unas
primeras ventajas de 4-5 puntos mantenida durante toda la primera parte que
acabó 18-19 a
su favor. Amenaza no metimos ni una de fuera.
En la segunda parte nos pusimos arriba los
primeros minutos, pero seguimos sin meter una de fuera y Maitetxu se fue poco a
poco poniendo arriba denuevo hasta que con un triple de su base alcanzaron una
máxima ventaja de 7 puntos (33-26) quedando unos 8 minutos.
A partir de ahí, apretamos los dientes y, a
pesar de que seguimos sin acertar nada en ataque, conseguimos cerrar nuestro
aro y con varios robos de balón y algún tapón nos fuimos acercando poco a poco
en el marcador, hasta ponernos por delante con una canasta en contraataque de
Javi tras robo de balón faltando un par de minutos que decidió el partido. El
resto fueron más fallos que aciertos en tiros libres por parte de los
dos equipos.
Resultado final Amenaza 38-Maitetxu 36.
Partido duro, competido, pero con mucha
deportividad.
MARRAJOS 48– RED
SKINS 50, o mellor da fin de semana. Non confío nas novas fichaxes indias. O
que gañe postularase coma unha alternativa, afastada, pero alternativa. Aquí
parece que foi un partido bonito é igualado. Os Marrajos seguen con problemas
técnicos, probablemente os mesmos que afectan o resto dos blogs…
P.:”Canta xente no
banco dos indios! Este ano teñen ganas, e a pesar de perder con Amenaza, son claros
candidatos para min. Compensados con calidade, e este ano xa non se quedarán sen
forzas como o ano pasado. Os Marrajos, equipazo. Estalles faltando un punto de
sorte e de veteranía como equipo candidato a todo, pero a irán collendo o longo
do ano. Estarán na pelexa”
MAITETXU 32– JEDYS
42, os case campións deberan gañarlle sen problemas a Maitetxu, para metelos
por abaixo e acomodarse eles na zona morna. É así foi. Maitetxu loitará cos
recen ascendidos pero a menos que haxa nova reorganización administrativa
volverán a ocupar o seu lugar que é en segunda.
P.:”Gran fin de semana
para Jedys, e malo (aínda que na súa liña habitual) para os do restaurante.
Tiveron nas súas mans gañar a Amenaza, pero aí entrou a sorte dos campións”
Sobre o tema de
segunda e terceira, a min me sairía un “a rañala”, pero dime o amigo Petete
que sexa mais comedido, pero como non me sae poño as súas verbas:
Para os que
piden os resultados de segunda e terceira temos un enlace directo no blog a
páxina de resultados e horarios do Vide. Non ten moito sentido copiar e pegar
se non temos ningún redactor para comentalos partidos. Tamén hai que dicir que
a semana pasada si recibimos axuda de Dragóns e Raiders (mesmo partido) pero
non había ningún redactor para facerse cargo da crónica da división.
Un colaborador de 3ª división, enviounos unha clasificación pormenorizada... é un comenzo.
Un colaborador de 3ª división, enviounos unha clasificación pormenorizada... é un comenzo.