xoves, 27 de novembro de 2014
martes, 25 de novembro de 2014
xoves, 20 de novembro de 2014
Rematamos a competición, con 7 xornadas...
Alcoba 5-1
Red Skins 5-1
Marrajos 5-2
Amenaza 5-2
UVigo 5-2
-----------------
Red Devils 2-4
B.Hound 2-4
SM 2-5
NeoGeo 2-5
Ralarsa 1-5
Jedys 1-5
Con esto coido que está todo dito.
Obviamente, rematou polos méritos dos 5 das 5 victorias, e deméritos dos outros 6. Queda moito por xogar, pero non dou un can porque se modifiquen os grupos.
Persoalmente non me gusta a competición. Este sistema que pretende ser máis emocionante cos playoffs, e abofé que o é, pero somentes emocionante nese último tramo da liga.
Non arrastrar victorias, que sexa o mesmo quedar 1º na liga que 5º... Temos ante nós 13 xornadas de adestramento, cun tipo que dice arbitrar, para xogar a nosa liga neses derradeiros partidos... a unha volta!
Moitos diredes, claro, pero a culpa é dos burros de abaixo que non chegan o grupo de cabeza. Outros anos hai equipos rozando playoffs, pero realmente os que se xogan algo eran o 4º, o 5º e o 6º... O resto dos equipos xa estaban determinados para o final da liga.
Non serei eu o que lle diga a VIDE como non-facer o seu traballo... Pero isto, a case tódolos ollos, é unha trapallada.
Se facemos unha liga, hai moitos, pero moitos modos de facela, sen estas medianías que fai VIDE, que non fan máis que confirmar o desinterese da organización pola nosa competición (ademáis de pavillóns, arbitraxes, etc...)
Sería feo botarlle a culpa a organización en exclusiva. As reunións que fan cos representantes dos equipos, son unha vergoña!!
Os principais equipos de primeira xa non adoitan ir. O resto fala de tonterías varías. Os de segunda e terceira, que non se queren cruzar cos de primeira na copa. Un iluminado, que se poden facer al fichas máis pequenas, que non lle entran en non sei donde!!!!!!!!!!!!! Outros, que o domingo pola mañá teñen que ir a misa, que non se pode xogar....
Se nós non falamos con cordura, e dicimos estupideces, os de VIDE na súa poltrona non se moveran demasiado. (Polo menos xa non xogamos en media pista, e temos marcador).
Tralo politiqueo, despois da miña fichaxe por Podemos, analizaremos, moi por enriba os grupos.
Arriba penso que UVigo, Amenaza e Marrajos non sorprenden a ninguén.
RedSkins tampouco, pero últimamente baixaran o nivel, que nesta temporada recuperaron para chegar arriba.
E logo temos a Alcoba, que chegou de segunda lanzado. Fálase moito dos seus cóbados e do seu xogo físico, pero de seguro que de estar máis abaixo ninguén se lembraba deles.
Todos teñen 5 victorias, todos perderon algún partido, por Maio poderemos ver unha liga mooooi interesante! E Amenaza pese o que se dixo, coma sempre, serán o rival a vencer.
Abaixo, míticos coma B.Hound, Jedys ou Ralarsa están en horas baixas.
B.Hound adoitaba estar arriba, inda que polos pelos, pero Alcoba sacoulle a praza.
Ralarsa sempre adoitaba xogar no playoff de abaixo, pero sempre nos deixaba bo baloncesto e victorias importantes.
E Jedys semellan ser os novos Eloy, camiñando polo aramio do descenso xa varios anos.
SM, Red Devils e NeoGeo son equipos novos e explosivos, que xa demostraron contras os de arriba que daran moita caña.
Outra liga interesante a que nos agarda cando rematen os "adestramentos oficiais".
Esta fin de semana, máis e mellor. Balbino agarda con pito preparado!
Coma sempre:
INTERESADOS EN COLABORAR NO FARO DE VIDE EN CALQUEIRA CATEGORÍA (INCLUIDA PRIMEIRA): farodevide@gmail.com
Grazas a Deep Thrat VigoenXogo Baloncesto pola súa axuda!
Grazas a Deep Thrat VigoenXogo Baloncesto pola súa axuda!
martes, 18 de novembro de 2014
mércores, 12 de novembro de 2014
luns, 10 de novembro de 2014
mércores, 5 de novembro de 2014
martes, 4 de novembro de 2014
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)