xoves, 17 de decembro de 2015

venres, 11 de decembro de 2015

sábado, 5 de decembro de 2015

luns, 30 de novembro de 2015

martes, 24 de novembro de 2015

mércores, 18 de novembro de 2015

luns, 16 de novembro de 2015

xoves, 12 de novembro de 2015

HORARIOS XORNADA 5

Pídovos desculpas por non ter publicado os resultados da xornada 4, pero tiven moito lío esta semana...

xoves, 5 de novembro de 2015

mércores, 28 de outubro de 2015

luns, 26 de outubro de 2015

mércores, 21 de outubro de 2015

luns, 19 de outubro de 2015

xoves, 15 de outubro de 2015

luns, 5 de outubro de 2015

venres, 2 de outubro de 2015

I love this organization

Empezamos un ano máis! E inda que parecera imposible, peor!

Xogábamos unha merda de competición con casi todo decidido na liga regular, e decidíamos o campión nuns playoffs de tolos a unha única volta (en primeira). Competición irrisoria e absurda.

Deberíase xogar a doble volta, organizar os playoffs eliminatorios no que o campión saltara algunha rolda previa (por algo foi campión), ou incluso que o noso amigo Balbi lanzase unha moeda o aire....

Pero a "organización", no seu afán de arranxalo, convocou unha reunión na que deixaron meter bastante pouca bola, e voltamos a xogar como hai 10 anos. Liga pura e dura, a tres voltas, descompensando divisións, e tomai polo cú!

Non o fixeron mal, porque ca merda de competición que organizaron, ninguén se percatou en que o pastizal que pagamos o ano, en concepto de seguro, no vale para nada. Este ano se te lesionas, vas a clínica privada que toque, sacas 30 euriños do peto, polos enriba da mesa, e así igual miran para ti.
O obxectivo xa vos digo que o conseguiron, cando vos lesionedes, e teñades que mirar o voso farroco, iredes a "excelso" Alvaro Cunqueiro, diredes que vos caestes en Samil xogando cos pequenos, que xa non tedes idade, e aforrades os 30 pavos. Coma consecuencia directa o seguro non gastara un can, e non haberá problema algún con eles.

Nós (Vós) escribiredes pestes neste foro, no pavillón cagarédesvos en todo en irmandade co equipo rival, e algún lle dirá a Balbino que esto é unha merda, baixo o seu sorriso de aceptación (mentres pensa: a miña carteira non se toca!).
Non faremos nada máis, non. Rematará a temporada, e para o ano máis do mesmo. Seguramente con 9 en segunda e 11 en primeira. E vós voltaredes aquí a chorar.

A xogar! (Que diría aquel)

luns, 1 de xuño de 2015

luns, 11 de maio de 2015

mércores, 6 de maio de 2015

luns, 27 de abril de 2015

luns, 20 de abril de 2015

luns, 13 de abril de 2015

domingo, 5 de abril de 2015

luns, 30 de marzo de 2015

luns, 16 de marzo de 2015

luns, 9 de marzo de 2015

luns, 2 de marzo de 2015

luns, 23 de febreiro de 2015

RESULTADOS XORNADA 18

En primeiro lugar pídovos desculpas por non poder actualizar a páxina tan a miúdo coma desexaría, pero as miñas múltiples obrigas non me deixan.
Sen máis dilación:

xoves, 12 de febreiro de 2015

luns, 9 de febreiro de 2015

luns, 2 de febreiro de 2015

mércores, 21 de xaneiro de 2015

martes, 13 de xaneiro de 2015

xoves, 8 de xaneiro de 2015

Ano novo... Merda de pistas vellas.

Bo ano mozos e mozas! Xa pasou un ano máis, e aquí seguimos, un pouco máis vellos.
Agardo que pasarades unha boas festas, iba adicarvos unhas liñas nas vacacións invernais, pero diume unha preguiza do demo.

Tiña preparado un artigo, ca clasificación actualizada e completa, no que falaríamos do bos que seguen sendo os de arriba, as sorpresas ou decepcións do medio, e o patáns que son os de abaixo. Pero semella que este ano non fumos bos, e Melchor, Gaspar, Baltasar e Turi tíñannos preaparados unha sorpresa das boas, para recibir ben o ano. Con este panorama, decidín pasar de clasificacións e indignarme!

Pasan os anos e seguimos sendo os panoplias de Vide. Hai moitos partidos, poucas pistas ou moita burocracia, e alguén ten que ser sodomizado. Así que, despois de estes anos, cando buscabamos mellorar un pouquiño a nosa liga, xa falando de sistemas de playoffs ou de competicións, ou atizándolle os árbitros, decidiron a nosa volta a dobre pista de Teis.

Miraino polo lado bo; despois das mariscadas, turróns, licores, año, pavo e polvoróns que nos metemos no bandullo estas festas, agradecerémolo. Teríamos que dar as grazas.

-Imaxinades xogando dous partidos de futbol sala o ancho da pista?
-Ai, non! Que o campo de fútbol sala é máis grande!
-Xa! Pero esas pistas non respetan a regulamentación de baloncesto, que máis ten que tampouco o fagan as de fútbol sala! 
-Que inda así as pistas de baloncesto son máis pequenas, eles xa xogaron alí, que non se queixen...

.... E O CARALLO!

Igual foi que non pagastes a cuota de inscripción no seu tempo, non? Ou cicais volten cartos por xogar aí?
Cicais me tangaron os do meu equipo, e os cento e tanto pavos que puxemos por barba sacáronmos pa pagar o vermú, e nos deixen xogar gratis!

.
.
.

Falades de non xogar esta fin de semana. 
Sabedes que, primeiro, hai máis cadelas que langostinos no Nadal, e algún equipo vaise aproveitar da situación para gañar sen merecelo.
Tamén sabedes, que esta organización deportiva unilateral, non dubidará e sancionarvos e quedarse cos vosos cartos de fianza.

Ainda que se os dous equipos deciden non xogar, seredes moi valentes de levalo a cabo!!

Eu coido que de primeiras, tódolos equipos deberían presentar unha protesta formal ao árbitro esta fin de semana. Ou cicais presentarse en VIDE, sen fachos, para queixarse.

Confiemos en que foi unha medida pasaxeira para o novo ano.

Que opinades? Protestamos formalmente de primeiras, ou xa queimamos o chiringo directamente??